Centro de Psicoloxía Edeco

Centro Sanitario acreditado co nº de rexistro C-15-003135

Quen somos?

Somos un equipo de profesionais que iniciamos a nosa andaina hai vinte e cinco anos nos ámbitos da Psicoloxía Clínica, da Psicoloxía da Saúde e Escolar dentro do marco da Terapia Cognitivo-Condutual e da Terapia de Aceptación e Compromiso.

Desde eses inicios traballamos na dirección de ofrecer ás persoas que acoden a este centro formas máis saudables de afrontar os seus problemas, axudándolles a que poñan en marcha accións que volvan nutrir a súa vida do que é importante para eles.

Áreas de intervención

Adultos

As persoas que deciden iniciar unha terapia psicolóxica poden facelo porque se senten bloqueadas por problemas que se manteñen dende hai tempo, porque teñen que afrontar unha perda ou porque teñen que tomar decisións difíciles, asumir o diagnóstico dunha enfermidade grave, vivir con dor...

Adolescentes

A adolescencia máis que unha etapa de estabilidade, é proceso e desenvolvemento.

Nenos

Ao longo do seu desenvolvemento os nenos atópanse con dificultades e é esencial a súa detección precoz para evitar problemas futuros.

Parellas

Moitas das queixas coas que unha parella chega a consulta teñen que ver co desenvolvemento de incompatibilidades entre eles

Terapias de grupo

  • Entrenamento en habilidades sociais
  • Trastornos de ansiedade: agorafobia e crise de angustia
  • Psicoeducación en problemas de obesidade
  • Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)
  • Trastorno de Asperger

Formación

Pais

Alumnos

Empresas

Profesionais da saúde e da educación

O noso equipo

Isabel Rosón

Psicóloga Clínica

María Baltar

Psicóloga Clínica

Ignacio Asensio

Psicólogo

Cani Martínez

Psicóloga