Adultos

Cando sufrimos, intentamos facer moitas cousas diferentes para resolver os nosos problemas. Intentamos atopar formas de controlalos e pode que invirtamos moito tempo e esforzo nesa tarea esperando a que desaparezcan síntomas que non desaparecen.

E seguimos empregando moito esforzo neso pero en ocasións o sufrimento segue presente e cada vez sentímonos máis incapaces e impotentes.

E progresivamente facemos menos cousas, evitamos máis situacións "porque así non podo", "porque tería que estar ben, máis tranquilo para poder facelo...", "porque non teño forzas"...

A persoa vaise apartando de todo o que é importante para ela... pero canto máis se aparta, maior malestar hai na súa vida... e máis incapaz e vacía se sinte.

E sinte que está nun bucle, que está metida nunha espiral que non sabe como romper.

A terapia é un espazo no que se trata de romper ese bucle. É un espazo no que se traballa en conseguir ferramentas para o cambio, inténtase aprender a camiñar en compañia de sensacións dolorosas e difíciles, en centrarse no que é realmente importante para a persoa e nas accións que a poden volver a poñer en contacto co que lle da valor á súa vida.

En EDECO incorporamos os procedementos de intervención máis eficaces despois dunha evaluación rigurosa e personalizada dos problemas.

PSICOLOXÍA CLÍNICA

  • Trastornos do estado de ánimo
    • Depresión, trastorno bipolar
  • Trastornos de ansiedade
    • Agorafobia, crise de angustia, fobia social, ansiedade xeneralizada, trastorno obsesivo-compulsivo, estrés postraumático, estrés laboral.
  • Trastornos da conduta alimentaria
    • Anorexia, bulimia, obesidade
  • Trastornos da personalidade
  • Terapia sexual
  • Terapia de parella

        PSICOLOXÍA DA SAÚDE

        • Afrontamento da dor crónica
        • Tratamento, orientación e apoio psicolóxico en pacientes con enfermidades crónicas

        PSICOLOXÍA PREVENTIVA

        • Dificultades nas relacións sociais
        • Orientación no afrontamento de procesos de duelo
        • Orientación e apoio psicolóxico en procesos de separación
        • Orientación en estratexias de resolución de problemas e toma de decisións
        • Mindfulness aplicado á vida cotiá e como forma de potenciar a saúde