Áreas de intervención

Parellas

É posible que discutan frecuentemente, non sepan chegar a acordos, teñan escasa comunicación ou teñan dificultades nas relacións sexuais. En ocasións, o manexo destas situacións pode levar a enredarse en conflitos que co tempo aumentan en frecuencia e reducen drásticamente a presencia de momentos e interacións valiosas.

En Edeco abordamos os problemas de parella despois de realizar unha evalucación que permite identificar o patrón problemático da interacción, utilizando diferentes tipos de intervencións:

  • Orientadas a promover o intercambio de comportamentos positivos entre os membros da parella
  • Dirixidas ao entrenamento en resolución de problemas e comunicación

Noutras ocasións axudamos ás parellas a tomar decisións respecto á continuidade da súa relación. Asesorámolas sobre como afrontar unha separación, como elaborar a perda, como explicarllo aos nenos e como chegar a acordos.

En Edeco traballamos coas parellas en ferramentas que melloras a súa comunicación, a expresión adecuada de sentimentos e axuden a que a relación volva a estar conectada co que é valioso para eles.

TERAPIA SEXUAL

En ocasións, a persoa ou a parella con dificultades nas relacións sexuais pospoñen acudir a terapia por ser temas que xeneran vergonza, pudor ou porque creen que se solucionarán co paso do tempo. Sen embargo, se estos problemas se manteñen, poden ser unha fonte importante de insatisfacción, ansiedade e frustración.

A terapia sexual axuda a restablecer interaccións íntimas máis placenteiras, a manexar a ansiedade e os medos de forma que non interfiran na resposta sexual e promove unha mellor relación co propio corpo.

Algúns exemplos dos problemas que abordamos son:

  • Vaxinismo
  • Dispareunia
  • Anorgasmia
  • Eyaculación precoz
  • Impotencia
  • Baixo deseo sexual