Áreas de Intervención
Formación
Pais

Os pais a menudo se sinten desorientados na súa labor de educadores, xa sexa á hora de establecer pautas de crianza, hábitos, normas e límites, como ante a aparición de dificultades e trastornos concretos durante o desenvolvemento dos fillos.
Por iso ofrecemos aos pais formación e asesoramento en distintos formatos:
Escola de pais: orientada á labor de educar e acompañar aos nosos fillos no seu desenvolvemento.
Talleres ou charlas monográficas: orientos a temas concretos da educación ou trastornos específicos impartidos en colexios, AMPAS, asociacións de pais, etc.
Algúns deles son:
- Intelixencia emocional para pais.
- O papel dos pais na resolución de conflitos entre menores.
- A educación na primeira infancia como prevención de problemas futuros.
- A resolución non violenta de conflitos no fogar.
- Taller de intelixencia emocional para pais de nenos con Altas Capacidades.
- Programa de entrenamento a pais de nenos con trastorno por déficit de atención con hiperactividade.
Alumnos
A escola é un lugar idóneo para a prevención, a detección e a intervención en problemas de nenos e xóvenes. E a formación en grupos, no seu medio natural é unha ferramenta moi eficaz. Por iso ofrecemos cursos para os alumnos impartidos no ámbito escolar.

En Edeco deseñamos cursos adaptados ás demandas e necesidades dos profesionais da Saúde e Educación.
Profesionais da saúde e da educación
Os profesionais destos ámbitos traballan con persoas en situación de vulnerabilidade e, en ocasións, non dispoñen de ferramentas suficientes para detectar problemas emocionais de alumnos ou pacientes nin de habilidades para abordarlos. Estas condicións favorecen que sexan colectivos especialmente sensibles a sufrir estrés laboral.
Dirixidos a profesores, educadores ou coidadores
- Estratexias de Modificación de conduta na aula
- Detección de dificultades de aprendizaxe
- O trastorno por déficit de atención e hiperactividade, cómo detectalo e estratexias para o seu manexo
- Atención ao menor en Centros de Día de menores, dirixido a educadores e coidadores
- Resolución de conflitos laborais nos centros de Dia de Menores.
- Detección e desenvolvemento de recursos con alumnos de Altas Capacidades
- Intelixencia emocional para profesores: un camiño hacia a resiliencia
Dirixido a persoal sanitario
- Habilidades de comunicación co paciente e a súa familia
- Estratexias do sanitario para facilitar a adhesión ao tratamento do paciente
- Habilidades terapéuticas para persoal de Saúde Mental
- Manexo de trastornos específicos frecuentes: crise de ansiedade, trastorno hipocondriaco, fibromialgia, dor crónica
Clientes que confiaron en nos
- Centro de formación do profesorado. Xunta de Galicia
- Sindicato de Profesores CSI-F
- Centros de atención ao menor. Deputación de A Coruña
- Escola de Enfermería. Universidade de Santiago de Compostela
- Asociación de Altas Capacidades de Galicia
- Asociación Dédalo de pais de nenos con TDAH
- Colexio Andaina, Colegio Montegrande, Colegio Esclavas del Sagrado Corazón
Empresas

Aportamos a nosa experiencia para axudar ás empresas no desenvolvemento e crecemento persoal dos seus traballadores: directivos, mandos intermedios e operarios.
A nosa metodoloxía, eminentemente práctica, busca o cambio de condutas, actitudes e creencias a partir dunha aprendizaxe experiencial e do “darse conta de onde estou para saber a onde quero ir”.
Cursos impartidos
Os profesionais de Edeco colaboramos, entre outras, coas seguintes organizacións:
| Inditex | ALCOA | STD multiopción | DKV seguros |
| Gadisa | CALVO | Pharmamar | Grupo Pescanova |
| CTAG | APPLUS | Hijos de Rivera |
