Adolescentes

O adolescente ten que enfrentarse ao mundo do adulto para o que non está de todo preparado e desprenderse do mundo infantil no que vivía cómodamente. Isto leva aparellado a construción dunha nova relación cos pais, o grupo e o mundo. É un periodo apaixonante pero cheo de contradicións, confuso, doloroso, ambivalente e caracterizado por friccións co medio familiar, escolar e social.

Os pais poden ter tamén dificultades para aceptar os cambios e o crecemento do adolescente, non saben en moitas ocasións lidiar co seu fillo, que non é nin neno nin adulto, que non ten unha identidade determinada, que nalgúns aspectos parécese máis a un adulto e para outros sigue sendo un neno.

Resulta polo tanto fundamental ter en conta a inclusión dos pais que deben aceptar e comprometerse co proceso de crecemento e cambio dos seus fillos.

PSICOLOXÍA CLÍNICA

  • Trastornos da alimentación.
  • Dificultades nas relacións sociais
  • Trastornos emocionais: Depresión. Ansiedade, medos, fobias. Trastorno obsesivo-compulsivo.
  • Problemas de comportamento
  • Adiccións (drogas, novas tecnoloxías)
  • Asesoramento familiar en separación ou divorcio, morte dun ser querido, conflitos familiares.

PSICOLOXÍA ESCOLAR

  • Fobia escolar
  • Ansiedade ante os exámenes
  • Problemas de conduta na aula
  • Acoso escolar
  • Pereza ante o estudo

PSICOLOXÍA PREVENTIVA

  • Motivación
  • Imaxe corporal
  • Conductas de risco: novas tecnoloxías, drogas, violencia, conduta sexual.
  • Resolución de conflitos
  • Formación en valores
  • Promoción de hábitos saudables: sono, alimentación, aseo, ocio, etc.