Adolescentes
O adolescente ten que enfrentarse ao mundo do adulto para o que non está de todo preparado e desprenderse do mundo infantil no que vivía cómodamente. Isto leva aparellado a construción dunha nova relación cos pais, o grupo e o mundo. É un periodo apaixonante pero cheo de contradicións, confuso, doloroso, ambivalente e caracterizado por friccións co medio familiar, escolar e social.
Os pais poden ter tamén dificultades para aceptar os cambios e o crecemento do adolescente, non saben en moitas ocasións lidiar co seu fillo, que non é nin neno nin adulto, que non ten unha identidade determinada, que nalgúns aspectos parécese máis a un adulto e para outros sigue sendo un neno.
Resulta polo tanto fundamental ter en conta a inclusión dos pais que deben aceptar e comprometerse co proceso de crecemento e cambio dos seus fillos.

PSICOLOXÍA CLÍNICA
- Trastornos da alimentación.
- Dificultades nas relacións sociais
- Trastornos emocionais: Depresión. Ansiedade, medos, fobias. Trastorno obsesivo-compulsivo.
- Problemas de comportamento
- Adiccións (drogas, novas tecnoloxías)
- Asesoramento familiar en separación ou divorcio, morte dun ser querido, conflitos familiares.
PSICOLOXÍA ESCOLAR
- Fobia escolar
- Ansiedade ante os exámenes
- Problemas de conduta na aula
- Acoso escolar
- Pereza ante o estudo
PSICOLOXÍA PREVENTIVA
- Motivación
- Imaxe corporal
- Conductas de risco: novas tecnoloxías, drogas, violencia, conduta sexual.
- Resolución de conflitos
- Formación en valores
- Promoción de hábitos saudables: sono, alimentación, aseo, ocio, etc.
