Niños
Psicoloxía Clínica Infantil
Na primeira infancia o adecuado establecemento de hábitos e normas, así como o manexo dos medos e as rabietas proporcionarán unha base firme para o desenvolvemento da súa personalidade.
Na etapa escolar, dos 6 aos 12 anos, os nenos poden necesitar ferramentas para relacionarse cos seus iguais, resolver conflitos, afrontar la separación dos seus pais ou a perda dun ser querido. Outros trastornos, como o TDAH, necesitan tratamentos específicos para abordalos.
Os pais ten que guiar aos seus fillos en todo este proceso aportándolles estabilidade, confianza e valores.
En Edeco traballamos coas familias para que guien e acompañen aos seus fillos no seu proceso de cambio.

- Trastornos relacionados con hábitos de crianza: sono, alimentación, control de esfínteres
- Dificultades nas relacións sociais
- Trastornos emocionais: depresión infantil. Ansiedade, medos, fobias. Trastorno obsesivo-compulsivo
- Problemas de comportamento: rabietas, trastorno negativista desafiante
- Trastornos específicos:
- Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)
- Trastorno do Aprendizaxe Non verbal (TANV)
- Asesoramento familiar en separación ou divorcio, morte dun ser querido, conflitos familiares
Psicoloxía Escolar
A maioría das familias ante baixo rendemento dos seus fillos recorren ás clases de reforzo xa que atribúen o fracaso escolar a que o niño "é vago, non se centra, ou a que non se lle da ben unha materia".
O baixo rendemento académico pode ser un síntoma de algo que lle ocorre ao neno, non un problema en si mesmo. Pode ser consecuencia das relacións sociais na escola, de problemas familiares ou de aburrimento por ter unha aprendizaxe máis rápida que a dos seus compañeiros.
Son múltiples as causas do baixo rendemento académico e por iso é fundamental facer unha evaluación exhaustiva de todos os factores implicados no estudo:
- Dificultades de aprendizaxe: atención, comprensión, lecto-escritura, cálculo
- Trastornos específicos relacionados ca aprendizaxe: Trastorno por déficit de atención con hiperactividade, Trastorno da aprendizaxe non verbal.
- Capacidades cognitivas: tanto o déficit nestas capacidades como o exceso (altas capacidades) poden ser un obstáculo no rendemento académico
- Hábitos, organización e técnicas de estudo
- Factores emocionais: Fobia escolar, ansiedade ante os exames, falta de motivación, problemas de relación, problemas familiares
- Problemas de conduta na aula
- Acoso escolar

En Edeco abordamos o fracaso escolar evaluando todos os factores implicados na vida do neno.
Altas Capacidades
Os nenos con Altas Capacidades teñen unhas necesidades educativas e emocionais ás que hai que atender para que ese talento supoña unha ventaxa no seu desenvolvemento e non unha dificultade. Algúns nenos teñen dificultades nas relacións cos seus iguais, paradóxicamente outros teñen baixo rendemento académico, outros presentan condutas disruptivas na aula e outros simplemente se senten tristes, desmotivados ou diferentes.
Os pais a menudo non saben cómo teñen que tratar aos seus fillos, pregúntanse canto teñen que esixirlles, descoñecen os pasos que teñen que dar despois do diagnóstico e poden sentirse perdidos.
É importante coordinarse coa escola para que as medidas educativas se tomen atendendo ás características emocionais e sociais do neno.

-
Co neno
- Evaluación das capacidades cognitivas
- Evaluación e intervención, no seu caso, das dificultades emocionais
Cos pais
- Realizado o diagnóstico, asesoramento sobre os pasos que deben seguir na escola e cales son as medidas educativas que contempla a Xunta de Galicia
- Recursos dos que dispoñen para axudar ao desenvolvemento das capacidades do seu fillo
- Pautas a seguir na relación co seu fillo para contribuir ao seu adecuado desenvolvemento emocional
Coa escola
- Colaboración continua para elexir as necesidades educativas do menor atendendo ás súas características persoais
